Convocadas nove bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro

A Xunta convoca nove bolsas de formación en diversos proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. O prazo de solicitude está aberto ata o 18 de xullo



DURACIÓN DAS BOLSAS

-As actividades de formación iniciaranse o 1 de outubro de 2013 e rematarán o 30 de setembro de 2015.

PRAZO DE SOLICITUDE

-Un mes, contado desde o día seguinte á publicación da convocatoria (remata o 18 de xullo).

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Expediente académico: ata 10 puntos

-Formación: ata 10 puntos

-Comunicacións en congresos relacionados: ata 2,5 puntos

-Publicacións relacionadas: ata 2,5 puntos

-Entrevista persoal: ata 5 puntos

PROXECTOS PARA OS QUE SE CONVOCA BOLSA

-Catalogación dos fondos bibliográficos do Centro Ramón Piñeiro (1 bolsa)

-Dicionarios de literatura (1 bolsa)

-Codolga: Corpus documentale Latinum Gallaeciae (1 bolsa)

-Bilega: Bibliografía informatizada da lingua galega (1 bolsa)

-Terminoloxía científico-técnica (1 bolsa)

-Informes de literatura (1 bolsa)

-Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos (1 bolsa)

-Lírica profana galego-portuguesa (1 bolsa)

-Dimensións da identidade colectiva de Galicia (1 bolsa)

CONTÍA DAS BOLSAS

-A contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais

Convocatoria completa no DOG do 18/6/2013 (.pdf) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio