Convocadas nove bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro

O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou nove bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de maio.

O DOG do 16 de abril (con corrección de erros no do 24 de abril), publicou a convocatoria de nove bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

As bolsas convocadas son para os seguintes proxectos:

-Unha bolsa no proxecto Bibliografía da literatura galega

-Unha bolsa no proxecto Fraseoloxía galega

-Unha bolsa no proxecto Corpus de referencia do galego actual

-Unha bolsa no proxecto Etiquetador/lematizador do galego actual

-Unha bolsa no proxecto Cantigas de Santa María

-Unha bolsa no proxecto Prosa literaria medieval

-Unha bolsa no proxecto Terminoloxía científico-técnica

-Unha bolsa no proxecto Síntese de voz en galego

-Unha bolsa no proxecto Base de datos do ALIR

O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación de erros da convocatoria no DOG, que se publicou o 24 de abril.

As bases e información completa, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio