Duración das bolsas: do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2008 con posibilidade de prórroga por un ano
Importe da bolsa: 1.200 € brutos mensuais
Requisitos: Licenciatura en Filoloxía Galega ou en Tradución e Interpretación (lingua A: galego) rematada con posterioridade a xaneiro de 2002
Prazo de presentación: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.
Sistema de selección: concurso con posibilidade de entrevista
A convocatoria completa, aquí (DOG do 10 de decembro de 2007)
Convocadas dúas bolsas de linguaxe administrativa galega na EGAP
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca dúas bolsas de formación en linguaxe administrativa galega.