A Deputación Provincial de Pontevedra publicou nos BOP do 16 de febreiro a convocatoria de axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante 2026 dirixidas a entidades culturais sen fins lucrativos (procedemento SIA 215828). O prazo está aberto durante un mes, é dicir, até o 16 de marzo.
Obxecto
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026 das seguintes características:
- a. Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
- Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
- Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
- Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, musical, dos pódcasts, dos videoxogos e da banda deseñada, especialmente dirixidos á infancia e á mocidade.
- Xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega.
- b. Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
- c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
- d. Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
- e. Recoñecementos e distincións:
- Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
- f. Fomento do emprego do idioma galego
- Actividades de captación de neofalantes.
- Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión…), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.
Destinatarias
Entidades sen fins de lucro, con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e que desenvolvan as súas actividades na provincia.
Orzamento
150.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra no procedemento SIA 215828.
Prazos
- Para solicitar as axudas: até o 16 de marzo de 2026.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2027
Valoración das candidaturas
Na base décimo cuarta recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:
- calidade e contido técnico da proposta,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- experiencia, traxectoria e especialización da entidade no desenvolvemento de actividades en prol da normalización lingüística,
- grao de consolidación e sensibilización lingüística da entidade
- que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías),
- que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades.
Información destacada
- Prazo para pedir as axudas: do 17 de febreiro ao 16 de marzo de 2026
- Formulario de solicitude: no procedemento SIA 215828.
- Destinatarios: entidades sen fins de lucro
- Prazo para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2027
Información detallada
- Bases completas, en .pdf (BOP do 16 de febreiro de 2026)
- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 16 de febreiro de 2026)




