Contratos para realizar traballos de toponimia e lexicografía na RAG

A RAG convoca un concurso para dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía, con duración ata o 31 de decembro e posibilidades de prórroga por 12 meses máis. Prazo: ata o 25 de febreiro.

A Real Academia Galega convoca un concurso aberto para dous contratos de persoal técnico de toponimia e un de lexicografía. A contratación iniciarase o 25 de marzo e finalizará o 31 de decembro de 2019, mais é prorrogable por ata doce meses máis.

As persoas contratadas colaborarán en tarefas de recolla, depuración e organización de datos, de xestión informática, elaboración e difusión de materiais relacionados co proxecto de toponimia da Real Academia Galega.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos e entrevista persoal.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciatura ou Grao en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou titulación equivalente.

MÉRITOS VALORABLES

a) Experiencia acreditable en traballos relacionados coa toponimia de Galicia ou coa lexicografía do galego, segundo o perfil do contrato.

b) Formación e experiencia acreditables en traballos de campo de recolleita de microtoponimia e de revisión de topónimos ou de elaboración de dicionarios ou outras ferramentas lexicográficas, segundo o perfil do contrato.

c) Publicacións relacionadas coa toponimia ou coa lexicografía galegas, segundo o perfil do contrato.

d) Coñecementos e experiencia acreditables na didáctica da lingua e da toponimia ou da lexicografía, segundo o perfil do contrato.

e) Coñecementos de informática e experiencia no manexo de bases de datos, follas de cálculo, procesadores de texto, edición de páxinas web e outras ferramentas informáticas.

f) Coñecementos acreditables de cartografía e experiencia de traballo con sistemas de información xeográfica (contratos de toponimia).

g) Formación e experiencia acreditables relacionadas co estudo da lingua galega, o seu ensino, a súa normalización ou a súa difusión.

h) Coñecemento acreditable doutras linguas.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Do 15 ao 25 de febreiro de 2019, en papel na sede da RAG (rúa Tabernas, 11, 15001 A Coruña) ou mediante envío por correo certificado.

Máis información no web da RAG



Bases da convocatoria en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio