Contratación temporal dun/dunha técnico/a de normalización lingüística nos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas

O agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas convoca unha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia. O sistema de selección será o concurso de méritos e o prazo de inscrición finaliza o 21 de agosto.

O Concello de Castrelo de Miño anuncia no BOP de hoxe, día 16 de agosto, a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística para o agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Baños de Molgas.

XORNADA DE TRABALLO, DURACIÓN DO CONTRATO E SOLDO

O contrato de traballo será temporal con vixencia até o 14 de outubro de 2018.

A xornada laboral será a tempo completo (40 horas semanais).

O soldo é de 1356 euros mensuais, que inclúen a parte proporcional da paga extraordinaria e os gastos de quilometraxe.

A contratación está financiada pola subvención concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Grao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou outras licenciaturas ou graos sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante concurso de méritos, onde se valorarán cursos de formación en linguaxe administrativa, experiencia laboral en postos de traballo semellantes e licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués) ou grao en Lingua e Literatura Galegas.

PRAZO

Será de 5 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Ourense (publicada o 16 de agosto), é dicir, até o 21 de agosto.

As bases e modelos de solicitude pódense consultar en .pdf na sede electrónica do Concello de Castrelo de Miño.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio