Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

Outra vez, o Concello da Estrada anuncia a contratación temporal só por dous meses, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de agosto

CONDICIÓNS

>Estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, ou outra licenciatura de humanidades ou ciencias sociais, sempre que se teña o Celga 5.

DURACIÓN DO CONTRATO

>Ata o 30 de setembro de 2013

REMUNERACIÓN

>1.829,76 euros brutos mensuais

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

>Ata o 1 de agosto (cinco días hábiles a partir da publicación do anuncio)

PROCESO SELECTIVO

>Dúas probas, unha teórica de 50 preguntas tipo test sobre un temario de 90 temas, e un suposto práctico sobre as tarefas a desenvolver

TRIBUNAL

>Persoal de diversas áreas do Concello da Estrada e da Academiga Galega de Seguridade Pública

Bases completas (.pdf) >

Instancia (.doc) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio