Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada

O Concello da Estrada anuncia a contratación temporal, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 23 de maio

CONDICIÓNS

>Estar en posesión da licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, ou outra licenciatura de humanidades ou ciencias sociais, sempre que se teña o Celga 5.

DURACIÓN DO CONTRATO

>Ata o 30 de setembro de 2012

REMUNERACIÓN

>1.829,76 euros brutos mensuais

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

>Ata o 23 de maio (cinco días hábiles a partir da publicación do anuncio o 16/5/12)

PROCESO SELECTIVO

>Dúas probas, unha teórica de 50 preguntas tipo test sobre un temario, e un suposto práctico sobre as tarefas a desenvolver

Bases completas e instancia >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio