Contos e pos máxicos en Ames para non perder a lingua

Estes días os nenos e as nenas dos colexios de Ames están a recibir ao contador Celso F. Sanmartín, que lles leva “Contos con Lingua”, unha chea de historias para que os/as máis pequenos/as do municipio non perdan as palabras.

O SNL do Concello de Ames, en colaboración cos ENDL, organiza estes “Contos con Lingua”, unha actividade que ten como obxectivo xeral fomentar o uso do galego e a reflexión lingüística entre a poboación máis nova e tamén entre o seu profesorado.

Celso F. Sanmartín lévalles ás nenas e aos nenos diferentes contos e cancións relacionadas coas palabras e coa súa importancia nas nosas vidas, empregando como eixe central da narración o poema inédito de Séchu Sende, “Onde están as palabras de Laura?”, no que unha nena perdeu as palabras e recuperounas despois dun intenso percorrido polo mundo.

Despois das diferentes historias contadas, bailadas e cantadas sobre a importancia das palabras –que non poden entrarnos por un oído e saírnos polo outro– os pequenos e as pequenas ilustran o poema da historia de Laura para crear entre todos un conto colectivo que sirva como ferramenta de dinamización lingüística que axude a non perder a lingua. O SNL do Concello de Ames traballará para buscar o xeito de concluír a finais de ano a actividade coa publicación deste conto colectivo.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio