Continúa a campaña “Quen sabe galego sabe máis”, desta vez en Pontevedra

O Servizo de Normalización Lingüística e as concellarías de Normalización Lingüística e de Educación do concello de Pontevedra poñen en marcha nos 40 centros de ensino da cidade a campaña "Quen sabe galego sabe máis" para difundir os efectos positivos do uso do galego na docencia.

As concelleiras responsábeis presentaron onte esta campaña e o material con que conta, que está formado por 500 carteis, 2 000 cadernos e 18 000 trípticos informativos. Tamén se informou das vindeiras charlas, que comezarán coa presentación da campaña ás comunidades escolares do concello en que estarán presentes todo o profesorado dos centros escolares (dende infantil a secundaria) e as ANPA.

As diferentes charlas contarán con relatores da Universidade de Vigo e terán lugar ao longo do mes de outubro mentres que o material comezará a repartirse o vindeiro luns 13 deste mes nos centros de ensino.

Esta campaña púxose en marcha hai uns meses e conta cunha páxina web (http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/). As entidades promotoras foron a Vicerreitoría de Relacións Institucionais e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e as concellarías de Normalización Lingüística e de Educación e mais os servizos de normalización dos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo.

A Universidade de Vigo comprometíase a elaboración do material científico e informativo (accesíbel nesta ligazón) e a ofrecer charlas explicativas ao consellos escolares, ao profesorado e ás ANPA.

Pola súa banda, os servizos de normalización lingüística dos concellos de Pontevedra, Vigo e Ourense encargaríanse de imprimir e de distribuír o material e mais organizar as conferencias que impartirán ao longo deste mes en Pontevedra o profesorado da Universidade de Vigo.


Podes consultar máis información sobre esta campaña na súa páxina web.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio