Consumogustos, por un consumo lingüisticamente responsable

Achegándose o Nadal, o Foro Enrique Peinador presenta a campaña Consumogustos, na procura dun consumo responsable que pase pola elección de produtos, servizos e establecementos que usen o galego

-Alba Nogueira: “Gústame que che guste o galego, por iso gusto dos teus produtos”

-Antón Reixa: “Vive, bebe, come, asume Galicia”

-Ernesto Chao: “Os nosos produtos no noso idioma”

-Morris: “A lingua no padal sabe mellor”

-Uxía: “Quero os meus alimentos ecolóxicos e en galego”

-Rubén Riós: “Eu creo en galego”

E así ata 17 persoas de distintos ámbitos que lles poñen cara e voz á campaña Consumogustos, que o Foro Enrique Peinador e a Irmandade Galega de Adegueiros, en colaboración coa Xunta, puxeron en marcha.

Ademais, tamén difunden un vídeo promocional para o fomento do consumo lingüisticamente responsable.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio