Consulta ás socias e socios da CTNL

Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.



Esta breve enquisa ten como obxectivos recollermos ideas para renovar o web, coñecermos cales son as principais canles de comunicación entre a CTNL e socios e socias e mellorarmos a colaboración entre as persoas que formamos parte da CTNL.

A consulta, que vos levará completar menos de 10 minutos, está dividida en tres seccións:

Web da CTNL, onde poderedes indicarnos se é unha ferramenta útil de comunicación, que considerades que debe manterse cando a renovemos ou que pensades que falta.

Redes sociais da CTNL: onde vos preguntamos se as coñecedes e se son para vós unha ferramenta útil de contacto coa asociación, alén do boletín electrónico.

Participación na asociación: preguntámosvos polas actividades que desenvolve a asociación, cales preferides, en cales participades, cales credes que deberiamos desenvolver…

Podedes acceder á consulta nesta ligazón.

A consulta estará aberta ata o día 23 de decembro. As vosas opinións e propostas son moi útiles para a CTNL, agradecémosvos que participedes!

Boletín electrónico da CTNL

Na actualidade, alén do web e as redes sociais, o boletín da CTNL é a principal canle de comunicación cos socios e coas socias. Non ten unha periodicidade estable, senón que se envía cando se produce unha nova de relevancia para vós: principalmente convocatorias de prazas, actividades formativas de interese e accións desenvolvidas pola CTNL, coma o LGx15 ou os Premios Mil Primaveras.

Se por algún motivo non estás a recibir no teu enderezo electrónico este boletín, ponte en contacto connosco en info@ctnl.gal.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio