Constitúese a Asociación de Entidades Locais pola Lingua

O Pazo de Raxoi acolleu o acto de constitución da Asociación de Entidades Locais pola Lingua, que xorde co obxectivo de desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma. Está formada inicialmente por 15 concellos.

Un total de quince concellos de toda Galicia estiveron representados na xuntanza de constitución da Asociación de Entidades Locais pola Lingua, a través dos seus alcaldes e alcaldesas, de concelleiros e concelleiras, e de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística. Os concellos que inician esta andaina son A Baña, Ames, A Coruña, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa.

Os integrantes son concellos que xa veñen colaborando en proxectos coma o Apego, o certame Youtubeir@s ou o Club de Debate. O obxectivo da Asociación de Entidades Locais pola Lingua será promover a colaboración entre as distintas institucións para lograr unha xestión máis eficaz dos proxectos colaborativos en materia de lingua.

Na asemblea de hoxe aprobáronse os estatutos e acordouse que a presidencia da asociación recaerá en Rianxo, a vicepresidencia no Concello do Grove, Pontevedra ocupará a secretaría e Ames a tesourería. Ademais, Narón, Rois e Santiago serán ocuparán as tres vogalías da entidade.

A asociación está aberta á incorporación de novas entidades locais sempre que desenvolvan políticas en prol da normalización lingüística e conten no seu organigrama cunha unidade dedicada a executalas.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio