Consideracións xerais da CTNL sobre a planificación lingüística, a acción normalizadora e as «Bases para o decreto do plurilingüismo»

Ante a aprobación por parte do goberno galego das «Bases para o decreto do plurilingüismo» e ante o debate que se está a producir e o clima de tensión que desde o goberno se creou coas súas declaracións, anuncios e medidas en política lingüística desde marzo de 2009, a CTNL fai públicas unhas consideracións xerais sobre a planificación lingüística, a acción normalizadora e as bases para o decreto aprobadas pola Xunta.

Consideracións xerais da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua Galega (CTNL) sobre a planificación lingüística, a acción normalizadora e as «Bases para o decreto do plurilingüismo» [.pdf, 149 KB]

Nestas consideracións, a CTNL manifesta o seu “apoio á fundamentada, argumentada, clarificadora e rigorosa análise realizada pola Real Academia Galega (RAG) a respecto das bases aprobadas e presentadas pola Xunta así como tamén a outros dous documentos previos, como son a «Proposta institucional sobre a lingua galega ao Parlamento de Galicia», do Consello da Cultura Galega (novembro de 2009) e «Unha lingua para todos», da Real Academia Galega (maio de 2009)”, e trasládalle ao goberno galego oito consideracións xerais argumentadas nun documento sintético de sete páxinas, tanto referidas á planificación lingüística e á acción normalizadora en xeral como ás «Bases para o decreto do plurilingüísmo».

Esas oito consideracións xerais da CTNL son, de xeito resumido:

1. Debido á situación sociolingüística do noso país, no ensino é necesario que haxa un decreto que teña obxectivos normalizadores, algo que non acontece neste borrador.

2. Lonxe de procurar novos ámbitos de uso, as bases para o decreto obrigan ao abandono do galego en determinados espazos do ensino, o que é totalmente contrario á promoción lingüística.

3. Non hai ningún motivo para que o galego deixe de ser a lingua da administración educativa, o que supón un grave paso atrás.

4. Darlles a nais e pais responsabilidades de elección da lingua no ensino contribuirá a un moi negativo arraigamento do clima de confrontación no seo da sociedade.

5. Un dos obxectivos do ensino ten que ser que os nenos e as nenas acaden o mesmo nivel en galego e castelán, e tecnicamente xa se demostrou que con menos da metade de materias en galego ese obxectivo non se cumpre.

6. Cos actuais certificados de coñecemento da lingua galega (Celga) e coa retirada do estabelecemento dunha proba en galego no acceso á función pública, reducir o número de horas do ensino en galego significa que non haberá garantías de que os/as traballadores/as da administración teñan suficiente competencia para desenvolver o seu traballo público na lingua propia de Galiza.

7. Para que as medidas de cara ao incremento do uso e prestixio da lingua galega sexan minimamente eficaces necesítase unha planificación lingüística seria, consenso político e implicación da sociedade.

8. Para acadar o necesario consenso e poder desenvolver un traballo eficaz e non conflitivo a prol da lingua galega entre todas e todos, cómpre erradicar do goberno o discurso de «imposición» vs. «liberdade» e outras mensaxes negativas.


O documento completo que a CTNL fai público e que será remitido á Xunta de Galicia pode consultarse, en .pdf, aquí.

INFORMACIÓN NOS MEDIOS:

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio