Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso

Dentro das actividades que o Concello de Pontevedra organiza para celebrar o Ano Pintos, desenvolverase entre o 6 e o 9 de abril un congreso no que se analizará a obra deste precursor do Rexurdimento, e no que se lle dará especial importancia á súa faceta lingüística e sociolingüística

Que terá, Señor, esta fala

galega para ser tan

refugada aínda polos

mesmos fillos de Galicia?


A gaita gallega, 1853

CONGRESO XOÁN MANUEL PINTOS. ACTUALIDADE E COMPROMISO

DATAS: do mércores 6 ao sábado 9 de abril de 2011

LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra

INSCRICIÓN: a través do formulario electrónico do web www.anopintos.pontevedra.eu/congreso. Matrícula xeral: 30 €. Estudantes e desempregados/as: 15 €.

PROGRAMA

MÉRCORES 6 DE ABRIL

17.00 h Inauguración co Alcalde de Pontevedra

17.30 h Xoán Manuel Pintos, a alborada do rexurdimento. Carme Hermida

19.00 h Inauguración da exposición. Percorrido guiado por Ana Acuña, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo

XOVES 7 DE ABRIL

16.00 h Unha visión da xustiza no século XIX. Luís Villares

17.15 h O contexto de Pintos na historia de Pontevedra. Enrique Sotelo

18.30 h O contexto político e ideolóxico da obra de Xoán Manuel Pintos. Xusto Beramendi

19.45 h O contexto de Pintos na historia social de Galiza. Xosé Ramón Barreiro

VENRES 8 DE ABRIL

16.00 h Comunicacións

17.15 h Contexto literario do século XIX. Francisco Rodríguez

18.30 h A obra literaria de Pintos. O corpus. Carme Ríos Panisse

19.45 h A lingua na obra de Xoán Manuel Pintos. Xosé Xove

21.00 h Concerto de cámara. Pablo Devigo (gaita) e Brenda Vidal (piano)

SÁBADO 9 DE ABRIL

9.00 h Uso oral e cultivo escrito da lingua galega na 1ª metade do século XIX. Ramón Mariño

10.15 h O futuro das linguas. Goretti Sanmartín

11.30 h Xoán M. Pintos e o léxico galego. “recollelo, compolo e arrombalo, e facer un todo enteiro”. Rosario Álvarez

12.45 h Mesa Redonda. Os dereitos lingüísticos. Coordina. Pilar Freitas. Interveñen. Alba Nogueira, Xosé Xoán Barreiro e Carlos Varela

14.30 h Xantar

16.30 h Roteiro Xoán Manuel Pintos. Visita guiada por Roberto Rivas e explicación da creación do roteiro polos autores Xosé Abilleira e Ana Acuña

19.00 h Xoán Manuel Pintos. notario sociolingüístico, cronista do momento histórico. Pilar García Negro

20.30 h Clausura

Info completa >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio