Congreso: As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), en Santiago de Compostela, acolle o congreso As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro, que ten lugar os días 21 e 22 de outubro

Este congreso está dedicado ás linguas e ás culturas de Europa que se vertebran arredor do Camiño de Santiago de Compostela, e pretende ser un punto de encontro para especialistas na materia. Nel trataranse cuestións relativas a unha historia común de linguas e culturas de diferentes rexións de Europa que non só miran cara un pasado fascinante, senón que, ademais, viven felizmente no presente e pretenden proxectarse ricamente cara ao futuro.

DÍAS: 21 e 22 de outubro

LUGAR: Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA)

INSCRICIÓN: De balde

Toda a información relativa a este congreso pode consultarse no web http://www.santiagolanguages.com/gl/congreso

O congreso enmárcase no proxecto Camiño das culturas e das linguas. Diversidade lingüística e cultural no Camiño de Santiago de Compostela, no que colabora a Secretaría Xeral de Política Lingüística, xunto con outras institucións de diversos territorios de España e de Europa, e que se está a realizar dentro do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio