Concursos de vídeo, manifesto, banda deseñada, Galeoke e Cantalingua para o Correlingua 2012

Galego, todo o que buscas, é o lema do Correlingua 2012, que xa ten abertos os prazos de participación para os seus diversos concursos: vídeo, Galeoke, manifesto, banda deseñada e Cantalingua

Un ano máis chega o Correlingua, o programa de dinamización lingüística que consiste no desenvolvemento de diversas actividades de dinamización nos centros de ensino e que remata cunha festa final en 14 vilas galegas.

Xa están abertos os prazos para diversos concursos:

Concurso de vídeo

Eu falo galego porque… Esta é frase coa deberán comezar os vídeos presentados. A duración máxima debe ser de tres minutos. Estes vídeos serán colgados na páxina web do Correlingua e en diferentes redes sociais (Facebook, Tuenti, twiter…). Os vídeos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador.

-Prazo de presentación: até o 1 de abril

Bases completas do concurso de vídeo (.pdf) >

Concurso de Galeoke

O Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego, o Galeoke! Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras dos centros de ensino, e seguro que farán un Correlingua ben máis divertido!

Concurso para o manifesto

A partir do lema “Galego, todo o que buscas”, o alumnado de Secundaria, en grupos, poderá elaborar o manifesto para o Correlingua 2012.

-Premio: unha viaxe para o grupo gañador

-Prazo de inscrición: até o 1 de febreiro

-Prazo de envío de traballos: até o 15 de febreiro

Bases completas do concurso de manifesto (.pdf) >

Concurso de banda deseñada

Os/as alumnos/as de Infantil e Primaria poden participar, en grupo, neste concurso de banda deseñada, tamén a partir do lema ” Galego, todo o que buscas”.

-Prazo de inscrición: até o 1 de febreiro

-Prazo de envío de traballos: até o 15 de febreiro

-Premio: unha viaxe para o grupo gañador

Bases completas do concurso de banda deseñada (.pdf) >

Cantalingua

Concurso musical para grupos que fagan as súas cancións en galego.

-Prazo: até o 10 de abril

-Premio: 14 concertos, pagados a 700 euros cada un

Info completa en www.cantalingua.org

Información completa sobre o Correlingua en www.correlingua.org

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio