Concurso para Que se vexa! o galego
Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases...
CONCURSO EN TWITTER QUE SE VEXA! O GALEGO
1. Fai unha foto alí onde vexas o galego nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou no que, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]
2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego seguida dunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 14 de maio ás 12.00 h e até o 20 tamén ás 12.00 h.
[P. ex., “Como me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]
E haberá dous premios!
-Un para a autora ou autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que máis rechíos teña o día 20 de maio ás 12.00 h. Anunciarase o gañador/a o mesmo día.
-Outro para o autor ou autora do chío que membros da directiva da CTNL consideren máis orixinal, positivo, etc. Vaia!, o chío que máis lle gustase a este xurado ;-). Anunciarase o/a gañador/a ao longo do día 21.
Cada un dos PREMIOS consistirá en:
-Dous discos: Tronzar os valos, de Ses e Lúas de outubro e agosto, de Guadi Galego.
-Dous libros: En galego, por que non?, de Manuel N. Singala e A República das Palavras, de Séchu Sende.
-Dúas chapas de Que se vexa! o galego.
Veña, anímate a facer Que se vexa! o galego ;-)