As bases polas que se rexerá o Concurso de relatos breves Letras Galegas 2010 son:
PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
SEGUNDA:
Establécense dúas categorías:
* Infantil (de 6 a 14 anos)
* Adultos (máis de 14 anos)
TERCEIRA:
Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e presentarse mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara, cun máximo de 5 folios de extensión.
CUARTA:
Valoraranse a orixinalidade, o desenvolvemento da temática, o estilo e a lingua.
QUINTA:
Aceptaranse como máximo tres relatos por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres relatos por categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta..
SEXTA:
Os concursantes presentarán os seus relatos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 13 de maio de 2010.
SÉTIMA:
Cada relato levará un título, un pseudónimo que indique o autor e á categoría á que pertence (infantil ou adultos). Nun sobre pechado, xunto co pseudónimo e o título da obra escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais: nome e apelidos, idade, DNI, enderezo e teléfono de contacto.
OITAVA:
O día 21 de maio, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.
NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
– Categoría adultos: 100 euros
– Categoría infantil: Lote de libros
Ademais, os tres mellores relatos de cada categoría serán publicados na páxina web do concello: www.concellooroso.com.
O autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e os exemplares que entregue da súa obra quedarán en propiedade do Concello.
DÉCIMA:
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases
Concurso de relatos breves do SNL do Concello de Oroso
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oroso convoca o Concurso de relatos breves Letras Galegas 2010, cunha categoría dirixida a nenos/as de 6 a 14 anos e outra a maiores de 14