Concurso de redacción do SNL do Concello de Betanzos

Despois do éxito do ano pasado volven os concursos das Letras Galegas do SNL de Betanzos dirixidos ao alumnado dos centros de ensino do municipio na súa segunda edición. Nestes días botan a andar o 2º Concurso de redacción das Letras Galegas dirixido ao alumnado de primaria e mais o II Concurso de recollida da tradición oral "Contos de Betanzos" para o alumnado de secundaria

O 2º Concurso de redacción pretende impulsar e mellorar a escrita en galego entre os máis pequenos e pequenas e os traballos que se presenten consistirán nunha redacción sobre o Día das Letras Galegas ou sobre a figura homenaxeada este ano, Uxío Novoneyra. Poderá participar neste concurso todo o alumnado de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín e do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha.

Os traballos poderán entregarse ata o día 10 de maio na Secretaría do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha, do CEIP Francisco Vales Villamarín, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos ou enviarse ao enderezo electrónico normalizacionbetanzos@hotmail.com.

Canto ao II Concurso de recollida da tradición oral “Contos de Betanzos” pretende achegar ao alumnado á tradición oral galega a través da recollida de contos, lendas e/ou cantigas en lingua galega propias da comarca das Mariñas. Neste Concurso poderá participar neste concurso todo o alumnado de secundaria dos centros de ensino do Concello de Betanzos

Os traballos poderán entregarse ata o día 10 de maio na Secretaría do IES As Mariñas, do IES Francisco Aguiar, do CPR Nosa Señora do Carme-Atocha ou no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos ou enviarse ao enderezo electrónico normalizacionbetanzos@hotmail.com.

Os nenos e as nenas gañadoras de ambos os concursos participarán nun acto colectivo que conmemorará o Día das Letras Galegas.

Información completa no web do Concello de Betanzos >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio