Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego en Compostela

O Concello de Santiago organiza o I Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso do galego na comunicación publicitaria. O prazo de inscrición remata o 15 de abril de 2013 e o/a gañador/a recibirá un premio en metálico de 5.000 euros

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convoca o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema “Brilla con novas ideas, en galego”. Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da comunicación publicitaria.

QUEN PODE PARTICIPAR

Empresas e profesionais do deseño e da comunicación, que deberán presentar un proxecto orixinal dirixido a publicitar un establecemento comercial, hostaleiro ou empresarial, ou ben un grupo de establecementos ou unha asociación do sector que formen parte do tecido socioeconómico compostelán

PRAZOS

O prazo para formalizar a participación no concurso no Rexistro Xeral do Concello remata o 15 de abril.

PREMIO

A dotación do premio será de 5.000 euros para a execución da campaña proposta.

Bases e información completa, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio