Concurso de lemas para a campaña “Gústame…”, que segue percorrendo o país

O Concello de Santiago convoca un concurso de lemas para a campaña Gústame o galego, que xa percorreu máis dunha ducia de sitios e que estará nos vindeiros días en Narón, Burela, Carballo, Pontevedra e Compostela

O Concello de Santiago de Compostela convoca un concurso para crear lemas para a campaña Gústame o galego.

Os lemas deben axustarse ás seguintes características:

-Ter un máximo de 90 caracteres, con espazos incluídos.

-Comezar por “Gústame…”

-Ser acordes coa finalidade e o ton positivo e propositivo da campaña para a visibilización do apoio ao fomento do galego.

-Non incluír contidos que poidan resultar ofensivos.

O lema máis votado en Facebook e Twitter recibirá como agasallo un lector dixital, e o lema incorporarase á campaña.

Para participar desde FACEBOOK:

1.ª fase: ata o 5 de maio poden enviarse lemas vía mensaxe privada á páxina de Gústame o galego.

2.ª fase: os lemas publicaranse o luns 6 de maio, e poderanse votar ata o 12 de maio.

Para participar desde TWITTER:

Debes escribir desde a túa conta a túa proposta de lema seguido da etiqueta #gustameogalego ata o 12 de maio.

Gañará o lema máis rechouchiado ata o 12 de maio ás 12 da noite.

Podes consultar aquí as bases completas >

Ata o momento a campaña Gústame o galego xa pasou por localidades como Ourense, Vigo, Silleda, Carnota, Carballo, Ames, A Coruña, Ferrol ou Moaña. Nos vindeiros días estará en:

-Narón: 13 de maio

-Burela: 15 de maio

-Carballo: 15 de maio

-Pontevedra: 16 de maio

-Compostela: 17 de maio

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio