A persoa gañadora desta iniciativa de Radio Fene, que cumpre 13 anos, recibirá como premio unha cea para 2 persoas e a estancia dunha noite no Hotel Pazo Libunca de Narón.
As persoas que desexen participar poden enviar unha carta de amor en lingua galega antes do 11 de febreiro, e baixo plica, ao enderezo: Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene. Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu.
O próximo 14 de febreiro, Día de San Valentín, patrono d@s namorad@s, saberáse o/a gañador/a.
Concurso de cartas de amor en galego
Un ano máis, Radio Fene convoca o seu concurso de cartas de amor en galego, coincidindo co período que vai desde o 2 de febreiro, cando casan os paxariños, até o San Valentín, 14 de febreiro, día d@s namorad@s. O prazo para presentarse remata o 11 de febreiro