Concesión provisional de subvencións para creación, mantemento e reforzo de SNL na provincia da Coruña

O BOP da Coruña publicou o 7 de marzo de 2016 a resolución pola que se conceden provisionalmente subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2016.

A Deputación da Coruña resolveu provisionalmente a convocatoria do programa de subvencións destinado a concellos e outras entidades locais para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística. A resolución publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Concédense axudas para reforzo dos SNL nas tres cidades, 27 subvencións para o mantemento de servizos e sete para a creación de novos SNL. O importe das axudas é igual para todas as entidades, 12.000 euros, o que fai un total de 432.000 euros.

Resolución completa, en pdf, do BOP da Coruña do 07/03/2016

ADDENDA

No BOP do 4 de maio de 2016 publicouse a resolución definitiva desta convocatoria.

Resolución completa, en pdf, do BOP da Coruña do 04/05/2016

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio