En decembro de 2009 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e a Fegamp asinaron un convenio de colaboración para o fomento do uso do galego na Administración local, coa finalidade de distribuír os fondos que a Secretaría Xeral de Política Lingüística tiña asignados para a convocatoria de axudas para o mantemento dos SNL da administración local en 2009 e que, por razóns de prazos, non convocou.
Despois da sinatura dese convenio, a Fegamp púxose en contacto coas diveras entidades que tiñan SNL para a concesión desas subvencións que agora se resolven.
Achegamos aquí, en formato .pdf, o cadro completo de asignación de cantidades por entidade local
Deste xeito, 63 concellos recibiron cantidades comprendidas entre os 1.369,81 € (Santiso) e os 34.829,52 € (Vigo).
Do total dos 63 concellos que recibiron esta subvención:
-41 son da provincia da Coruña
-7 son da provincia da Lugo
-5 son da provincia de Ourense
-10 son da provincia de Pontevedra
Ademais, tamén recibiron apoio económico as catro deputacións:
-A Coruña: 45.000,00 €
-Lugo: 12.748,05 €
-Ourense: 22.713,10 €
-Pontevedra: 30.014,07 €
A cantidade total distribuída foi de 602.665,40 €.
O repartimento de fondos fíxose de acordo cos seguintes criterios:
1. LÍMITE DA ACHEGA ECONÓMICA
A cantidade subvencionada para cada Entidade Local terá os seguintes límites:
a) Un máximo do 75% da cantidade subvencionábel. Enténdese como cantidade subvencionábel a cantidade total xustificada menos as subvencións recibidas doutras administracións.
b) A Contía máxima subvencionábel por entidade local será de 45.000 €.
2. CRITERIOS DE REPARTIMENTO
Sempre respectando os límites máximos fixados no punto anterior, os criterios de repartimento serán os seguintes:
a) Cantidade fixa de 6.000 € para cada entidade local
b) A contía restante repartirase mediante unha porcentaxe lineal para cada concello da cantidade subvencionábel, tal e como se define no apartado a) do punto 1, minorada a cantidade fixa estipulada no punto anterior.
Concesión de axudas da Fegamp para os SNL da administración local
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en colaboración coa Consellería de Educación, concedeulles aos servizos de normalización lingüística (SNL) da administración local subvencións para o mantemento destes. Achegamos aquí as cantidades que lles foron asignadas ás distintas entidades, así como os criterios seguidos para o repartimento desas contías