A recente desaparición do xornal Galicia Hoxe no seu formato impreso únese á irreparábel perda colectiva que xa supuxo a desaparición de Vieiros, A Nosa Terra no seu formato impreso, GzNación ou A Peneira.
O acto reivindicativo en favor do galego nos medios convocado pola Mesa concluirá coa lectura dun pequeno manifesto a cargo do poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
Concentración pola presenza do galego nos medios este 4 de xullo
A Mesa pola Normalización Lingüística chama a toda a sociedade a participar dunha concentración de urxencia este 4 de xullo, ás 20 horas, na Praza do Toural de Santiago de Compostela en demanda da presenza da lingua galega nos medios de comunicación