Este certame, nado en 2006, está organizado polas comisións de normalización lingüística das facultades de Administración e Dirección de Empresas e mais de Ciencias da Comunicación. Está dotado con dous premios de 300 e 200 euros.
O concurso convócase para espertar a vea artística e a creatividade dos estudantes da USC cara á creación publicitaria, así como para alentar que o galego se integre de xeito natural dentro dunha estratexia publicitaria.
Segundo as bases da convocatoria, calquera estudante da USC pode participar, ben individualmente, ben formando un equipo con outros/as da súa mesma titulación ou formando un equipo interdisciplinar.
Só cómpre presentar o deseño dunha mensaxe publicitaria sobre ideas, produtos ou servizos, tanxíbeis ou intanxíbeis, así como sobre empresas ou institucións, todos eles reais ou ficticios. A mensaxe publicitaria deberá contar como elemento central e imprescindíbel un lema en lingua galega, integrado nunha breve memoria que explique o deseño da campaña, a estratexia de comunicación, etc. E o conxunto do traballo deberá estar redactado en lingua galega.
Os participantes teñen que enviar os traballos a calquera das dúas comisións de normalización organizadoras (ADE ou CC. Da Información) até o 23 de xullo de 2010.
Para adxudicar os premios, o xurado xulgará:
-A capacidade expresiva, a efectividade e a orixinalidade do lema
-A adecuación entre lema, soporte e obxecto do traballo
-A globalidade da campaña publicitaria
Bases completas do V Concurso de publicidade en galego “Comunicándomos” >
Comunicándomos, concurso de publicidade en galego na USC
Difundir unha nova (e inventada) rede social en Internet; convencer sobre a igualdade das persoas; incentivar o turismo xacobeo; vender para os galegos e galegas unha coñecida marca de coches... son posíbeis eixos temáticos de campañas publicitarias que poderían presentarse aos V Premios «Comunicándomos», de publicidade en galego que convoca a USC. O prazo de presentación de traballos remata o 23 de xullo