Cómpre fortalecer a idea de que a normalización lingüística é unha causa xusta, a gran conclusión do curso de verán #xustizaelingua

O curso de verán sobre dinamización lingüística da UDC, co que colabora a CTNL, rematou coa gran conclusión de que desde o ámbito do traballo en lingua cómpre conseguir facerlle ver ao conxunto da cidadanía que a normalización da lingua galega é unha causa socialmente xusta. Aquí podes ver as fotos do curso e o seguimento en Twitter

Despois de tres días de traballo e debates (18, 19 e 20 de xullo) no Forum Carballo, rematou o Curso de verán sobre xustiza social e dinamización lingüística, organizado, como cada ano, polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, coa colaboración da CTNL, a SXPL e o Concello de Carballo.

Aínda que nos vindeiros días se difundirán unha serie de conclusións xerais, as ideas principais que se puideron extraer do curso son que a normalización da lingua galega é unha causa xusta e que así cómpre facerllo ver ao conxunto da poboación, e que é necesaria a intervención para crear igualdade de oportunidades para as linguas, pois esta sería a maneira de, no ámbito lingüístico, traballar pola liberdade, xa que só se poderá elixir libremente unha lingua cando esta estea en condicións de igualdade coa(s) outra(s), por iso a importancia do proceso normalizador. Deste xeito, cómpre tamén conectar a normalización con outras causas xustas, como poden ser o ecoloxismo, o feminismo, etc.

FOTOS DO CURSO

Podes ver a galería de fotos do curso aquí >

SEGUIMENTO EN TWITTER

Durante o curso foise facendo seguimento en Twitter, co hashtag #xustizaelingua, por parte de usuarias/os como, por exemplo, @ctnl, @pbalbores, @nasas09, ou en éuscaro @lantalan ou @garaigoikoa. Podes consultar este seguimento en Twitter aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio