O acto de presentación participarán Xosé Manuel Sánchez Rei, Teresa Moure, Manuel Bragado e Goretti Sanmartín.
Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país.
Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo.
Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións de diversos autores, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.
Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Na actualidade é, ademais, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.
O libro, editado por Xerais, estará á venda na última semana de xaneiro.
XERAIS ENSAIO (1383022)
176 páxinas
ISBN: 978-84-9782-949-6
PVP: 16,00 €
PRESENTACIÓN
DÍA: xoves 12 de febreiro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55. Santiago de Compostela)
Compostela acolle a presentación de Nos camiños do estusiasmo, ensaio sobre planificación lingüística de Goretti Sanmartín
O xoves 12 de febreiro, a partir das 20.30 h, terá lugar na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela a presentación do libro Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, de Goretti Sanmartín Rei.