Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas. Xornada de integración lingüística en Vigo

As concellarías de Normalización Lingüística e Benestar Social do Concello de Vigo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), organizan as primeiras xornadas "Compartimos unha cidade, compartamos as nosas linguas", dentro do programa "En galego tamén noutros mundos". As xornadas terán lugar os días 2, 9 e 23 de febreiro e 2 de marzo de 2010

Información completa en .pdf (744 KB), aquí

PROGRAMA

MARTES 2 DE FEBREIRO

A diversidade lingüística, modelos de integración

Participan: Iolanda Veloso (Concello de Vigo), Henrique Costas (Universidade de Vigo) e Bernardo Penabade (Modelo Burela)

MARTES 9 DE FEBREIRO

A realidade dos organismos e persoas que traballan no eido da inmigración

Participan: docentes do CEIP A Dobrada, Antonio Cepeda Fandiño (Galicia Acolle) e Genoveva Cordeiro (Plan comunitario de Teis)

MARTES 23 DE FEBREIRO

A experiencia das persoas inmigrantes en Galicia

Participan: Marcela Claudina D`Ambrosio (oficina de Inmigración de Vigo), Marlene Ventín (Abriga), Pepin Tshisamb (Aida) e Long Long You Zu (modelo Burela)

MARTES 2 DE MARZO

O futuro da integración

Participan: Susana Forero (Consello Social da Lingua de Vigo), Anxo Igrexas (CIG-Inmigración), Rosa Moreiras Cuñarro (SNL do Concello de Ames) e responsábeis do programa de integración do Concello de Vilaboa

HORARIO

De 17.00 h a 20.00 h

LUGAR

Auditorio da rúa Areal 46 (antiga Reitoría da Universidade de Vigo)

MÁIS INFORMACIÓN

Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Vigo

986 810 281

dinamizacion.vigo@reversoweb.com
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio