Comeza o II Club de debate de Pontevedra para promocionar o galego como lingua de comunicación na mocidade

O sábado 19 de febreiro comeza o II Club de Debate en Pontevedra, unha actividade organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística de Pontevedra, en colaboración cos EDNL dos centros de ensino secundario do concello para traballar as habilidades comunicativas en galego

O vindeiro sábado, 19 de febreiro, o Pazo da Cultura de Pontevedra acolle a fase preliminar do II Club de Debate en Pontevedra, no que participan estudantes de 4º de ESO e 1º de bacharelato. Esta actividade está organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos EDNL dos centros de ensino secundario do concello.

Os cinco equipos participantes debaterán, na fase preliminar do sábado 19, sobre o tema “Deberíase alongar a vida dunha persoa mentres a técnica o permita?”. Ao final da xornada o xurado dará a coñecer os dous equipos que pasarán ao debate final, o sábado 26 de febreiro, co tema “Deberían os gobernos promover os medios de comunicación en galego?”. A entrada aos debates está aberta ao público.

A información completa desta convocatoria pódese descargar aquí (.pdf) >

Obxectivos:
  • Favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais.


  • Traballar no afondamento e no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importante: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria.


  • Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias.


  • Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.


  • Colaborar cos ENDL dos centros de ensino secundario no labor de dinamización do uso da lingua galega para acadar a normalización do idioma.


Xurado

Xornalistas:

– Susana Pedreira, Onda Cero

– Óskar Viéitez, Radio Pontevedra e Localia

– Alfonso González, Radio Voz

Especialistas en lingua:

– Salomé Díaz, docente de lingua e literatura galegas en secundaria

– Anxos Sobriño, técnica do Servizo Lingüístico da Audiencia Provincial de Pontevedra

Equipos

-Colexio Salvador Moreno

-IES Torrente Ballester

-IES Valle Inclán

-IES A Xunqueira

-IES Luís Seoane

Fase preliminar: sábado 19 de febreiro de 2011, no Pazo da Cultura, a partir das 9.30 h

Tema: Deberíase alongar a vida dunha persoa mentres a técnica o permita?

Fase final: sábado 26 de febreiro de 2011, no Café Moderno, ás 11.30 horas

Tema: Deberían os gobernos promover os medios de comunicación en galego?

Premios:

-Equipo campión: viaxe dunha fin de semana e vale de 300 € para os membros do equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego.

-Equipo finalista: vale de 300 € para os todos membros do equipo, para mercar libros e/ou banda deseñada en galego.

+Info (.pdf) >

Relacionado: A Coruña acolle un ano máis o certame de debate Falamos
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio