Colega, xa hai novo método de lectoescritura en galego

Colega, derivado de “Comprensión e Lectoescritura en Galego”, é un método dirixido aos nenos e nenas de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Primaria que se inician no achegamento á lectura e á escritura. Trátase dun método lúdico que inicialmente está formado por cinco cadernos tanto para seren empregado no colexio como para servir de apoio na casa.

Segundo informa o portal Vieiros, a aparición dos cadernos son a carta de presentación dunha nova editorial que naceu este ano en Vigo. Chámase Glía Edición e centrará o seu catálogo no campo técnico e educativo.

As autoras tentaron ir máis alá dun simple método para aprender a debuxar letras e quixeron crear un método que resultase lúdico e que ademais das actividades típicas potenciase outras habilidades como a atención, a memoria, a discriminación auditiva e visual, etc. Os cadernos Colega están pensados tanto para seren empregados nas aulas como para servir de apoio na casa.

O equipo de profesoras responsábeis do proxecto queren darlle continuidade, e xa pensan en novos materiais que completen a adquisición de habilidades lectoras e de escrita en idades temperás, para o que pensan en elaborar xogos, láminas, abecedarios, etc.

As responsábeis do método Colega son Teresa Fuciños, María Carmen García Vila e María Xosé Rodríguez Ares.

Fonte: Vieiros
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio