Cita o 9 de marzo: Asemblea Xeral da CTNL e xantar
O sábado 9 de marzo terá lugar a Asemblea Xeral anual. Será a partir das 10:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.
ASEMBLEA ANUAL DA CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral ordinaria o sábado 9 de marzo, a partir das 10.30 h en primeira convocatoria e ás 11.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
-Día: sábado 9 de marzo de 2019
-Hora: primeira convocatoria, ás 10.30 h; segunda convocatoria, ás 11.00 h
-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [Acta da Asemblea Xeral do 3 de marzo de 2018, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Informe-memoria de xestión 2018-2019, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Proposta de liñas de acción 2019, en .pdf]
6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
7. Rolda aberta de intervencións
Documentación para a Asemblea
Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
Convocatoria completa, en .pdf
XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA
O mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar: Restaurante A Nave de Vidán | www.anavedevidan.com
• Hora: 14.30 h
• Menú: cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, filloas, pan, viños, sobremesa, cafés e licores).
• Prezo: 24 euros
• Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso, até o 3 de marzo, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.