A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela organizan, no marco do plan de actuacións “Témoslle lei”, o ciclo de conferencias “Dereitos lingüísticos en Galicia”.
Os profesionais do Dereito e da Administración pública en Galicia, segundo a normativa vixente, deben estar preparados para satisfaceren os dereitos lingüísticos da cidadanía. Durante as conferencias darase a coñecer os dereitos lingüísticos e a súa protección nos diversos ámbitos (administración pública, xustiza, educación, ámbito privado) e ofreceráselles aos asistentes a oportunidade de reflexionaren, a través da participación nos coloquios posteriores ás conferencias impartidas por especialistas e da elaboración dun traballo persoal sobre sentenzas en relación coa protección e defensa dos dereitos lingüísticos.
Destinatarios/as: Todas as persoas interesadas en coñecer o alcance dos dereitos lingüísticos e as obrigas dos poderes públicos de garantilos, e nomeadamente estudantes de Dereito, de Ciencias Políticas e da Administración, de Relacións Laborais e de Filoloxía Galega
Matrícula: De balde, a través da Secretaría Virtual da USC.
Prazo de matrícula: do 10 ao 25 de setembro
Prazas: 50
Diploma de asistencia: Para obter o diploma, en que constarán as 15 horas presenciais, será preciso asistir ao 80% de todas as sesións programadas. Haberá control de asistencia.
Crédito: Recoñeceráselles 1 crédito de libre configuración a estudantes das licenciaturas en Dereito, Políticas e Filoloxía, e da e diplomatura en Relacións Laborais que o soliciten, cumpran co 80% da asistencia e entreguen o traballo persoal. Está solicitado o recoñecemento de competencias transversais para alumnado dos graos correspondentes.
Responsable académica: Alba Nogueira López, profesora titular de Dereito Administrativo
PROGRAMA
Horario: de 12.00 a 14.30 h
Facultade de Dereito, Sala de Xuntas do Decanato
28 de setembro
Os dereitos lingüísticos da cidadanía
Dra. Alba Nogueira López
Profesora titular de Dereito Administrativo da USC
5 de outubro
O poder que nos fala: os dereitos lingüísticos na administración pública
Don Xesús Costas Abreu
Letrado xefe da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo
19 de outubro
A Administración de Xustiza: servizo público ou poder sen dereitos lingüísticos?
Don Luis Villares Naveira
Maxistrado do Xulgado do Contencioso nº 2 de Lugo
26 de outubro
Os dereitos lingüísticos no sistema educativo
Dra. Eva Pons Parera
Profesora titular de Dereito Constitucional da Universidade de Barcelona
9 de novembro
A intervención lingüística nas actividades privadas e no sector socioeconómico
Dr. Iñigo Urrutia Libarona
Profesor da Universidade do País Vasco
16 de novembro: Proxección / teatro de temática relacionada e coloquio posterior (esta data poderá modificarse en función da dispoñibilidade da compañía teatral)
Información completa no web do SNL da USC >
Ciclo de conferencias na USC sobre dereitos lingüísticos
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito e o Servizo de Normalización Lingüística organizan, no marco do plan de actuacións "Témoslle lei", o ciclo de conferencias "Dereitos lingüísticos en Galicia". Teñen lugar os días 28 de setembro; 5, 19, 26 de outubro; e 9, 16 de novembro de 2012