A vixésimo quinta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística busca poñer o foco no ámbito socioeconómico e presentará unha panorámica da situación, analizará os dereitos lingüísticos de persoas consumidoras e emprendedoras e traerannos presentacións de experiencias e iniciativas normalizadoras deseñadas por profesionais e entidades do ámbito público e privado.
Teremos ademais a oportunidade de comprobar como actividades empresariais que valoran a proximidade e a sustentabilidade atopan no uso do galego un elemento potenciador de seu. E tamén poderemos dialogar con empresas que, pola súa actividade e a súa relación de servizo con outras, se converten en amplificadoras do uso da lingua.
A sesión presencial e de encontro desenvolverase na mañá e na tarde do martes 17 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela). Con anterioridade difundiranse unha serie de pílulas audiovisuais cunha breve presentación dos contidos, elaboradas por Café Derby 21 e A Lobeira Today.
PROGRAMA DA SESIÓN PRESENCIAL
Sesión da mañá
9:45 horas: inauguración
10:00 horas: SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA NO SECTOR ECONÓMICO. Descrición panorámica do uso do galego nos sectores recollidos no PDLG no tecido económico.
– Miguel Guisantes Alonso, investigador no Instituto da Lingua Galega (USC)
10:45 horas: MERCAR EN GALEGO. DEREITOS E REALIDADES. Análise dos dereitos dos consumidores e consumidoras, dificultades xurídicas para exercelos e experiencias de reclamacións destes.
– Xoán Antón Pérez Lema, avogado e consultor
– Sara Seco Rial, A Mesa pola Normalización Lingüística
11:45 horas: debate conxunto
Presenta e modera: Anxos Sobriño
12:00 horas: pausa
12:30 horas: VENDER EN GALEGO. PROMOCIÓN E INTERVENCIÓN. Perspectiva histórica da promoción do uso da lingua mediante actividades de entidades públicas e privadas. Capacidade dinamizadora de determinados sectores económicos centrados en servizos de mediación. Visión externa desde a perspectiva da publicidade.
– Xosé Carballido Presas, Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE)
– Paulo Rodríguez, Dinahosting
– Emi Candal, Espazo coop. Unión de Cooperativas Galegas
– Xosé García, DAG: Asociación Galega do Deseño
Presenta e modera: Bernardo Penabade
Divulga: A Lobeira Today
14:00 horas: final da sesión da mañá
Sesión da tarde
16:00 horas: LINGUA, CALIDADE E PROXIMIDADE. Presentación e posta en valor de empresas que unen a lingua galega aos seus principios de calidade e proximidade.
– Gabriela González, Vegalsa-Eroski
– Pedro González Boquete, Leite Noso
– Antón Ínsua, Coop57
– Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, Caixa Rural Galega
Presenta e modera: Xaime Varela
Divulga: Café Derby 21
17:30 horas: pausa
18:00 horas: LINGUA E SUSTENTABILIDADE. Presentación e posta en valor de empresas que ligan a lingua galega á súa distinción pola sustentabilidade.
– Carolina Sánchez Sanz, Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución
– Francisco Xabier Almuíña, Fegatur. Federación Galega de Turismo Rural
– Xosé Lois Lamazares, Daveiga. Produción responsable
Presenta e modera: Manuel Maseda
Divulga: A Lobeira Today
19:30 horas: clausura
Os XXV Encontros para a Normalización Lingüística finalizarán coa actuación do Mago Teto.
INSCRICIÓN
A inscrición nos XXV Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.
Conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística: resumo no web do CDSG e documento en .pdf
Chegan os XXV Encontros para a Normalización Lingüística co foco no ámbito socioeconómico
Economía, lingua e sustentabilidade, tres conceptos que servirán de fío condutor das análises e reflexións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que se centrarán no ámbito socioeconómico, un dos motores da normalización da nosa lingua. A sesión presencial desta edición terá lugar en Compostela o 17 de outubro e con anterioridade difundiranse pezas audiovisuais para adiantar contidos. A inscrición nesta xornada presencial está aberta.