Esta charla forma parte do desenvolvemento da campaña do Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción da lingua galega no sistema educativo que, baixo o lema “Europa é plurilingüe. Quen sabe Galego, sabe máis”, intenta achegar información obxectiva sobre que efectos ten a nova regulación no sistema educativo, así como presentar outros modelos educativos similares no mundo.
A charla terá lugar o xoves 23 de outubro ás 18:30 h no salón de actos do IES Ramón Menéndez Pidal (rúa Zalaeta, s/n, A Coruña)
Charla “A educación: un compromiso desde o presente cara ao futuro”
O SNL do Concello da Coruña organiza a charla "A educación: un compromiso desde o presente cara ao futuro", en que falará Mercedes Queixas Zas, coordinadora das equipas de normalización e dinamización lingüística da provincia da Coruña.