Os obxectivos desta xornada son dar a coñecer a experiencia de recollida de toponimia realizado no concello e achegarse á metodoloxía e ás ferramentas básicas para o traballo de campo. A xornada está dirixida a asociacións de veciños, culturais, profesorado e persoas interesadas en xeral.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 23 de abril
DATA E HORARIO DA XORNADA
Sábado 27 de abril, de 10.00 h a 19.00 h
Programa e información completa, aquí (.pdf)
Chamámonos así. Xornada de toponimia en Pontevedra o 27 de abril
O Concello de Pontevedra organiza unha Xornada de toponimia o sábado 27 de abril na casa da cultura de Lusquiños-Tomeza. O prazo de inscrición está aberto ata o 23 de abril