Certame de fotografía, presentacións e vídeos dixitais para felicitar o Nadal do Concello do Barco

A Concellaría de Cultura do Concello do Barco de Valdeorras, a través do Servizo de Normalización Lingüística e coa colaboración da Aula de Informática, convocan un concurso de postais de Nadal en formato dixital, presentacións e/ou vídeos para impulsar uso da lingua galega no ámbito das novas tecnoloxías.

O tema do concurso é a elaboración de mensaxes para felicitar as festas do Nadal, Aninovo e Reis e os textos que se empreguen deberán estarán redactados ou gravados en lingua galega. Os traballos enviaranse por correo electrónico a cultura@concellodobarco.org e cos traballos recibidos crearase unha galería para publicárense no sitio web do Concello (www.concellodobarco.org) e no taboleiro dixital do edificio Mulitiusos.

Pode consultar as bases do certame no sitio web do Concello do Barco.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio