REQUISITOS XERAIS
-Ter menos de 31 anos
-Non ter experiencia laboral previa no ámbito de traballo propio. Isto é, non estar contratado polos grupos I ou II de cotización no ámbito da Filoloxía Galega
-Estar licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega
DURACIÓN DAS BOLSAS
-Seis meses, con posibilidade de prórroga por outros seis meses máis
CONTÍA ECONÓMICA DAS BOLSAS
-Cada unha das bolsas ten unha dotación económica de 800 €/mes
PROCESO DE SELECCIÓN
-Baremo de méritos e entrevista persoal
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-20 días hábiles, contados desde o día seguinte de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra
PUBLICACIÓN DAS BASES
–Bolsas de centros propios da Deputación>
–Bolsa para o Concello de Cangas do Morrazo>
Catro bolsas da Deputación de Pontevedra para licenciados-as/graduados-as en Filoloxía Galega
A Deputación de Pontevedra convoca bolsas de prácticas remuneradas para menores de 31 anos, entre as que están catro dirixidas a graduados-as/licenciados-as en Filoloxía Galega, tres para centros da propia Deputación e unha para o Concello de Cangas do Morrazo. O prazo remata o 25 de xaneiro