Cantalingua! Concurso musical para temas en galego

Para apoiar a música en galego e contribuír á súa difusión, as entidades organizadores do Correlingua e o portal de música galega Komunikando convocan o concurso Cantalingua, para o que os grupos ou solistas poden presentar, até o 10 de abril, temas en galego. O premio, 11 concertos remunerados durante o Correlingua 2010

Cantalingua é un concurso musical ideado polas entidades organizadoras do Correlingua: AS-PG, CIG-Ensino, A Mesa e os concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, en colaboración co portal de música en galego Komunikando.net.

Neste concurso poden participar todos os grupos ou solistas de calquera estilo musical que manden unha canción en galego. O prazo de presentación de temas remata o 10 de abril.

Os grupos ou solistas gañadores serán elixidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, e mais un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.

O premio consiste en varios concertos remunerados (700 € por concerto) no Correlingua 2010. Ao primeiro clasificado outorgaránselle 5 concertos, ao segundo 3 e ao terceiro 2.

As carreiras lúdico-festivas-reivindicativas do Correlingua 2010, que se desenvolve co lema A forza do noso amor, terán lugar entre o 3 e o 14 de maio en 14 vilas e cidades galegas.

Podes consultar as bases completas do Cantalingua e as cancións a concurso pora poder escoitar e votar.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio