Con esta campaña o Concello busca chegar a toda a sociedade de Marín, nomeadamente á administración municipal e ao sector de empresarios/as e comerciantes, promovendo unha imaxe positiva da lingua galega para estender a súa utilización na atención ao público nos comercios da vila. O material promocional comprende calendarios, chapas, adhesivos, bolígrafos, etc.
Durante o primeiro trimestre de 2009 desenvolverase a segunda parte con accións de formación para os dous ámbitos principais, a administración e o comercio, e con novas accións de dinamización para a toda a sociedade marinense.
Campaña de dinamización lingüística en Marín
O Concello de Marín puxo en marcha no último trimestre de 2008 unha campaña de dinamización e normalización lingüística no municipio, co lema Galego. Abertos ao galego, aberto ao mundo!