Camiño pola lingua

Desde a Asociación Amencer, a plataforma Queremos Galego, a Concellaría de Voluntariado e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense promoven a realización do camiño de Santiago pola lingua, que se realizará os días 10, 17, 24 e 31 de outubro

Información completa no web da Asociación Amencer >

Eu camiño pola lingua. E ti?

Somos un grupo de persoas de todas as idades, profesións, intereses, afeccións… que temos unha cousa en común: queremos galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar…

E, neste ano xacobeo, tamén queremos que o galego estea no Camiño de Santiago. Por este motivo imos facer o Camiño pola lingua.

Acompáñanos. Camiñaremos pola Vía da Prata, ruta mozárabe, os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Se non podes vir ás catro xornadas apúntate para as que poidas.

Ao rematar cada etapa plantaremos tres árbores (un carballo, un teixo e un acivro) que sexan testemuño da nosa peregrinaxe e leremos un manifesto en catro partes, que se completará ao chegar a Compostela.



Primeira etapa. Domingo 10 de outubro

Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)

Saímos camiñando ás 8:00 da mañá da parada de autobuses do Parque de San Lázaro de Ourense. Ao chegar xantaremos en Cea e, cando rematemos, un autobús traeranos de volta a Ourense a onde chegaremos arredor das 17:00 h.



Segunda etapa. Domingo 17 de outubro

Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km (aprox.)

Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Cea. Desde alí, continuaremos o camiño ata chegar a Lalín. Ao rematar de xantar volvemos a Ourense en autobús, coa previsión de chegar arredor das 17:00 h.



Terceira etapa. Domingo 24 de outubro

Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 25 km (aprox.)

Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Lalín e, ao rematar o xantar, recolleranos en Ponte Ulla para volver a Ourense.



Cuarta etapa. Domingo 31 de outubro

Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 25 km (aprox.)

O autobús que nos levará a Ponte Ulla sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) e, ao xantar, recolleranos en Santiago.



Inscricións e información

Podes inscribirte para cada etapa ate a mañá do venres anterior a cada unha, nos números de teléfono 988 218 123 ou 639 519 242, tamén no enderezo de correo electrónic9o amencer@amencer.org, ou ben poñéndote en contacto con nós Amencer.



Prezo

O prezo de inscrición son 5 euros e inclúe todas as etapas. Para estudantes e parad@s é de balde.

Información completa no web da Asociación Amencer >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio