Cambio de datas das probas Celga 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) anuncia que, debido ao número de solicitudes recibidas para participar nas probas do Celga 4 previstos para o día 15 de decembro de 2007, hai un cambio de datas.

Os exames realizaranse os días 26 e 27 de xaneiro de 2008. Os lugares onde terán lugar as probas e o repartimento de candidatos/as para o día 26 ou 27 figurará na listaxe provisional de admitidos/as, que se publicará no web da SXPL o día 3 de xaneiro de 2008.

Se algunha das persoas candidatas que xa presentaron a solicitude para participar no exame do día 15 de decembro non pode asistir ao exame nos días 26 e 27 de xaneiro, poderá solicitar a devolución das taxas de exame no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao de publicación da resolución.

Así mesmo, para dar entrada a posíbeis candidatos/as que non podían presentarse o día 15 de decembro e que estean interesados/as nas probas, poderán presentar a solicitude na forma e condicións indicadas na Resolución do 31 de outubro de 2007, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao de publicación da modificación no DOG.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio