Camballón Mix n.º 2

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística / Club da Lingua do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces acaba de editar o Camballón Mix n.º 2, unha compilación de "música galega moderna, á última, actual, in..., nada de vellos clásicos". Os vinte temas que forman a selección foron escollidos polas alumnas e alumnos do centro, que no curso 2006/2007 xa editaron o Camballón Mix n.º 1.

“Bilingüismo harmónico”, de Leo i Arremecaghona; “Calamar”, de The Homens; “Nadia”, de Ataque Escampe; “Desexos”, de Nao; “Tiven un bar”, de Zënzar…, e así até 20 temas forman o Camballón Mix n.º 2, a compilación feita polo ENDL do IES Marco de Camballón de Vila de Cruces.

Ao longo do ano os rapaces e as rapazas van escoitando música galega moderna de todos os estilos e contra final de curso editan un CD cos temas favoritos. Logo do éxito da primeira edición, na que o Camballón Mix n.º 1 acado as 200 copias iniciais e todas as que logo fixeron as rapazas e os rapaces pola súa conta, neste curso 07/08 repiten a experiencia.

Esta é unha iniciativa de interese para a difusión da música en galego e do galego a través da música.

Nesta liña, outra experiencia tamén de moito interese que se desenvolve nun centro de ensino é o proxecto Musigal, do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio