Calidade en Galego no Concello de Ames

O Servizo de Normalización Lingüística e o Departamento de Promoción Económica do Concello de Ames están a organizar, coa colaboración das asociacións de comerciantes e de empresarios, a campaña Calidade en Galego, co ánimo de dinamizar os usos lingüísticos no ámbito do pequeno comercio do concello.

A campaña Calidade en Galego pretende ser unha marca que agrupe os comercios amesáns para facelos máis competitivos asociando o uso do galego a un sinal de modernidade e de diferenciación.

A campaña consta das actuacións seguintes



  • campaña publicitaria nos comercios adheridos


  • materiais en galego para comerciantes e clientela


  • asesoramento lingüístico para mellorar a presenza do galego no comercio


  • formación para mellorar as estratexias de comunicación


  • información sobre a normativa vixente e sobre as posíbeis axudas para galeguizar os comercios




Pode consultar o tríptico da campaña nesta ligazón
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio