Bota a andar LEGA (Lecer galego), plataforma de recursos lúdicos na nosa lingua

Xa está en marcha a plataforma LEGA (Lecer galego), un proxecto de GalegoLab encamiñado a poñer a disposición da sociedade recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego sexa baixa ou escasa

Os proxectos cos que LEGA (http://lega.galegolab.com/) bota a andar son:

1. Galegogym, un cd de música galega, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente.

2. Astronomía básica, un recurso de astronomía orientado a afeccionados e persoas que se queiran iniciar na astronomía.

O proxecto consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica e un dvd do sistema operativo Ubuntu en galego, totalmente funcional para usos xenéricos, e modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapas e atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Está completamente en galego (o software, navegador web, procesador de textos, reprodutor de vídeo e audio…) e cómpre tamén destacar que se pode executar sen instalar.

Astronomía básica levouse a cabo en colaboración con Astronomía na Beirarrúa, un proxecto nacido dentro da Universidade de Santiago de Compostela e que ao longo destes últimos anos leva traballando para achegar a astronomía dun xeito lúdico e participativo.

3. Xogos para ordenador totalmente traducidos ó galego: polo momento, Frozen Bubble e Childsplay.

4. Subtitulado ao galego de Sintel, unha curtametraxe de animación desenvolvida pola fundación Blender.

Os recursos de todos os proxectos rematados en GalegoLab estarán tamén dispoñibles para a súa descarga.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio