Bota a andar a exposición As nosas palabras, os nosos mundos

O pasado 16 de xullo, a secretaria xeral de Política Lingüística presentou en Compostela a exposición multimedia As nosas palabras, os nosos mundos, unha mostra itinerante que percorrerá diferentes lugares a presentar a lingua galega no marco da diversidade lingüística.

A mostra, que está coordinada por Anxo Lorenzo, permanecerá no convento de San Martiño Pinario de Santiago até o 28 de xullo, para logo comezar unha andaina que a levará a diferentes localidades galegas, españolas, a Buenos Aires e a Bruxelas durante 2008 e 2009.



A exposición, cuxo orzamento é de 1.485.000 €, conta cun espazo de quiñentos metros cadrados e con catro módulos temáticos (As orixes, Isto é galego, As nosas palabras, os nosos mundos e A nosa lingua na nosa vida) e para a súa divulgación tamén se creou unha páxina web, http://www.asnosaspalabras.org, que permanecerá activa logo de rematar a itineraxe.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio