Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo convoca catro bolsas para a Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación do estudantado, que participará nas actividades de dinamización, formación e planificación lingüística que se desenvolven na ANL.

As persoas solicitantes deben ser estudantes de Filoloxía Galega, Grao en Estudos de Galego e Español (itinerario lingua galega e española/lingua e literatura galega) ou de Tradución e Interpretación (Lingua A: Galego) da Universidade de Vigo no curso 2013/2014 e ter cursados, cando menos, a metade dos créditos da titulación.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 13 de marzo de 2014, ás 14.00 h.

A convocatoria completa, en pdf, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio