Bolsas de colaboración co Consello da Cultura Galega

No DOG do 3 de marzo publícase a Resolución do 23 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dezasete bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Trátanse de, en concreto, 17 bolsas de colaboración nos diferentes proxectos do CCG, dos que cómpre salientarmos as seguintes:



  • Dúas bolsas para colaborar no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

    Para esta bolsa é necesario ser licenciada/o en filoloxía galega e valoraranse como méritos os seguintes:



    • Posuír coñecementos de servizos lingüísticos ou de normalización lingüística ou de actividades de dinamización lingüística e estudos ou traballos de sociolingüística galega.


    • Posuír coñecementos de Access e Excel.


    • Posuír coñecementos da internet.






  • Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións

    Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega. É requisito ser licenciada/o en filoloxía galega e valorarase como mérito:



    • Posuír coñecementos de tradución e corrección.


    • Posuír coñecementos de edición de textos.


    • Posuír coñecementos de informática.








O prazo para presentar solicitudes é de 1 mes que contará a partir de se publicar a convocatoria no DOG.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio