Bolsa para a contratación de TNL no Concello de Vigo

O Concello de Vigo publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dun proceso selectivo para nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición libre e o prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais.

O Concello de Vigo anuncia un proceso selectivo (oposición libre) para a formación dunha bolsa de emprego para nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística (subgrupo de contratación A2). As bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 5 de xullo de 2017.

OBXECTO DA CONVOCATORIA

De acordo coas bases, o obxecto da convocatoria é a selección de persoal para a formación dunha bolsa de emprego de técnico medio de normalización lingüística, subgrupo A2, que permita a cobertura interina prevista no artigo 10.1 do Estatuto básico do empregado público. A duración da bolsa de emprego será dun máximo de tres anos.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Grao en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués), Lingua e Literatura Galegas ou equivalentes sempre que tamén se posúa o certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante oposición libre, que se desenvolverá en tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:

1. Exercicio teórico de desenvolvemento de tres temas elixidos aleatoriamente polo tribunal, dous da parte específica do temario e un da parte xeral.

2. Suposto teórico-práctico relacionado coas materias que integran o temario específico e relativo ás tarefas propias da praza.

3. Corrección ou redacción dun texto (redacción administrativa).

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación das bases no BOP, é dicir, até o 26 de xullo (por ser día non lectivo o 25 de xullo).

Bases completas, en .pdf

Información sobre a convocatoria no web do Concello de Vigo (inclúe o modelo de solicitude presencial).
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio